11/12/07

Árbores do mundo (II): Faia

Ollo do río!
Barbas de mofo e lidrio !
Alta faia con redroma !
Non miro máis que a sombra

Uxío novo neira (os eidos)
Hoxe imos coñecer outra fermosísima árbore, quen non está moi extendida por Galicia (anda no límite da súa area de distribución), onde só, por zonas do Caurel e de Ancares, se poden ver de forma representativa. Estou a falar da Faia ou Fagus sylvatica L. que é como se coñece botánicamente. Os seus parentes próximos son os carballos (Quercus) e castiñeiros (Castanea) máis típicos e representativos do noso país e dos que haberá tempo de falar outro día.
A nosa compañeira de viaxe é unha árbore de gran porte puidendo acadar os 40 metros de altura, gústanlle as ladeiras norte das zonas montañosas e non é moi esixente co solo. Máis que coma árbore en solitario, como máis lle gusta estar é en familia formando bosques marabillosos que en outono se tinguen de cores amarelas, pardas e marróns que dan a paisaxe unha singular beleza que atrae e o mesmo tempo desperta os nosos medos acurrucados no máis profundo do bosque, medos cheos de humidade e sons que se agochan no lado oscuro da nosa fantasía.
As faias favorecen a productividade do pasto, conservan a humidade baixo a súa copa e producen uns froitos que serviron durante moitos séculos para alimentar o gando, tamén a súa follaxe foi utilizada antigamente como cama para o gando e como abono orgánico para as terras, ademais foi usada para leña, para producir carbón e é moi apreciada como madeira para mobles e outros usos... ou sexa que se aproveita todo...
Hai moitas variedades de faias que se usan como ornamentais: hainas péndulas, purpúreas, choronas, amarelas... A que estades a ver na foto é unha variedade tortuosa que é bastante rara pero se pode atopar nalgúns lugares de Centroeuropa, e que se supón que é unha mutación. Hai outras que tamén son moi fermosas e serven como reclamo turístico como a Faiona de Eiros (Asturias), que para os habitantes do pobo é como da familia, non en vano "sempre estivo alí" e incluso os máis vellos do lugar sempre a recordan así grande e maxestuosa.
En Galicia tamén atopamos exemplares de moitos anos (andan todas máis ou menos por mediados do século XIX, é dicir unhas reais avoas), como: A Faia do mosteiro-pazo de San Lourenzo en Santiago , a do Pazo de Antequeira en Rois- A Coruña , a do Pazo de Santa Cruz en Ortigueira-Vedra-A Coruña, as do Pazo de Castrelos en Vigo cun aspecto espléndido a pesar da densa arboreda do entorno coa que compiten, a do Pazo de A Mercede - As neves- Pontevedra(esta é unha faia de cor púrpura), a do Pazo de Torrecedeira en Redondela - Pontevedra (tamén de cor púrpura)... (ver máis información en Árboles monumentales en el patrimonio cultural de Galicia de Rodriguez Dacal e Jesús Izco).

Nos vos esquezades de visitar as que poidades son un espectáculo, en primaveira (en plena gromación), en verán (en todo o seu explendor), en outono (coas súas cores marabillosas) e en inverno (espidas e onde mostran a súa estructura anclada en séculos de historia). Son o noso patrimonio vexetal, miradeo, coidadadeo e transmítedeo.

Esta reflexión adicámoslla con cariño a Charo do IES Sánchez Cantón, que o outro día deixounos una petición de falar sobre esta árbore que a ela lle gusta especialmente.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

MIL GRAZAS. Encantoume a entrada, ademáis é a primeira vz que alguén me dedica unha e fíxome moitísima ilusión. Ademáis e, sobre todo, encántame como falades das árbores, sempre dan ganas de seguir lendo máis e máis...parabéns

Oki dijo...

¡Qué fotos tan bonitas!