Fai 270 millóns de anos, moito tempo antes de que os primeiros dinosaurios camiñaran sobre o noso planeta, apareceron estes fósiles vivintes: os ginkgos. Na actualidade só sobrevive unha especie: Ginkgo biloba.
Son considerados fósiles vivintes que se salvaron da extinción polo cultivo que deles se fixo nos xardíns dos templos budistas de China, Xapón e Corea onde eran consideradas árboles sagradas. Na actualidade non se coñecen en estado silvestre e só se teñen noticias dos que foron cultivados pola man do home.
Esta marabillosa especie foi descuberta para o mundo ocidental en 1691 polo botánico alemán Kaempfer que viu algúns exemplares en xardins de mosteiros budistas xaponeses, de onde se trouxeron os primeiros exemplares que chegaron a Europa en 1717 e a América en 1758.
Esta marabillosa especie foi descuberta para o mundo ocidental en 1691 polo botánico alemán Kaempfer que viu algúns exemplares en xardins de mosteiros budistas xaponeses, de onde se trouxeron os primeiros exemplares que chegaron a Europa en 1717 e a América en 1758.
Pode superar os 40 metros de atura e vivir máis de 2000 anos. É unha fermosa árbore cunhas marabillosas follas en forma de abano que se volven amarelas en outono e que lle proporcionan un aspecto moi singular.
As súas aplicacións son moi variadas: mediciña tradicional, as sementes son comestibles, e como nota curiosa vouvos dicir que as follas eran utilizadas para preservar os libros de ataques de insectos e fungos, si, si como o oides as follas do ginkgo eran colocadas entre as palabras dos libros e ambos durmían alleos ós perigos mundanos.
Nos xardíns sólense plantar exemplares masculinos (é unha especie dioica con individuos masculinos e outros femininos), xa que as feimias dan uns froitos que desprenden moi mal olor ó pudrise.
Ademais e unha árbore resitente: as enfermidades, á contaminación, ó lume, as baixas temperaturas e incluso a radiactividade. Sábese que cando o 6 de agosto de 1945 caeu sobre Hirohima a Little boy (primeria bomba atómica) un ginkgo que se atopaba nun mosteiro budista a 1 Km do lugar do impacto quedou totalmente destrozado, pero este fósil vivinte non estaba disposto a morrer sen loitar e na primareva seguinte o vello gikgo brotou de novo e aínda hoxe a árbore segue viva (Foto Cor Kwant), e ó seu pe pódese ler unha inscripción que reza: "NON MAIS HIROSHIMAS".
En Galicia os ginkgos máis sobresaíntes están no Xardín Botánico de Fonseca que se supón foron plantados na segunda metade do século XIX (Máis información en árbores monumentales del patrimonio cultural de Galicia de Rodríguez Dacal y Jesús Izco)
Como podedes observar todo un supervivinte, así que cando os vexas pensa neles cun pouco de respecto e préstalles moita atención, tal vez descubras entre o susurro das súas follas unha bonita historia de .... A IMAXINACIÓN POLA TI...
No hay comentarios:
Publicar un comentario