14/1/08

A Biblioteca Municipal de Arzúa foi inaugurada



Na imnaxe o día da inauguración Ramón Torreiro (bibliotecario municipal), Ánxela Bugallo (Conselleira de cultura) e Xaquín García(alcalde ) FOTO de LA VOZ DE GALICIA


Por fin despois de moito ir e vir e dalgún que outro atraso, e todas esas cousas que son normais ¿ou non? nunha obra destas características, Arzúa xa ten unha biblioteca Municipal como se merece e abandona o recuncho que ata agora tiña nas dependencias do concello para pasar a unhas novas dependencias no centro sociocultural María Mariño. O pasado 20 de decembro, xusto antes das vacacións de Nadal foi inaugurada.
Estas novas instalacións ocupan unha superficie de 350 metros cadrados distribuídos en 3 salas: unha para o público adulto, outra par o público xuvenil e outra para o público infantil. Ademais hai unha zona de contacontos e unha hemeroteca para consulta de prensa diaria e publicacións periódicas. As dependencias están dotadas de rede inalámbrica, aceso a internet, ordenadores de uso libre. Deste xeito o novo espazo aporta maiores comodidades e tamén amplía os servizos que viña ofrecendo.
Dende aquí felicitamos a todo o pobo de Arzúa e sobre todo a Moncho (Ramón Torreiro o encargado) que debe estar moi ledo, xa que sabemos que sempre foi unha aspiración súa mellorar a biblioteca e facilitar a cultura no pobo. A nosa noraboa, e esperamos que a partir de aquí se abra un periódo fructífero de colaboración, da que Moncho e máis eu falamos moitas veces, agora que A BIBLIOTECA MUNICIPAL xa está en marcha e a BIBLIOTECA DO INSTITUTO tamén anda en camiño, tal vez poidamos lograr facer un traballo conxunto para que a cultura, a lectura, o cine, a música, a información na rede, a colabración, a amizade, a vida cultural, .... se multiplique e que os rapaces e rapazas, así como todo o pobo arzúan teñan un servizo eficaz, un servizo no que estamos implicados todos e todas.

PARABÉNS A TODOS E TODAS E ATA PRONTO. ¡Estaremos en contacto!

2 comentarios:

Oki dijo...

Eu tamén quero sumarme a Marina nos parabéns hacia Moncho e hacia todo Arzúa pola nova Biblioteca da que poderemos disfrutar a partir de agora.
Xa era hora de que Arzúa contara cun novo espazo municipal máis amplo e axeitado para as lecturas. Costou pero todo chega. Parabéns!!!!

O Segrel do Penedo dijo...

Parabéns, e que se cumplan eses desexos de traballo colaborativo, do que vós, sodes mestras.
Unha aperta dende Fene.