18/9/07

Vai de adiviñas

Vouvos propoñer unhas adiviñas catalogadas, segundo a miña filla María (8 anos ) de fáciles, e vos ¿ como as vedes....?
  • A primeira ten relación coa escola, aínda que tamén as hai nas casas e en moitos lugares:
Cargo ás costas cos errores
dos rapaces e dos profes.
¡Pobriña de min!
Esquecida nun curruncho;
ti comes castañas,
a min cucuruchos.
  • Hoxe non saberíamos que facer sen el, pero non hai tanto tempo era un obxecto de luxo (esto vai para despistar porque é moi sinxela)
Na miña man
danza que danza.
Experto bailarín
que fala por min;
que deixa no baile
regueiros de sangue.
  • E por último, algo que vemos día si e día tamén e que todavía segue a ser imprescindible nunha clase, pero non vos preocupedes as TICs veñen para solucionalo
Mouro, mouro,
gardo o que digo.
Unha pantasma
pasa por riba,
vaino dicindo.
Se queredes máis información: 303 adiviñas de Gloria Sánchez e editado por Xerais... e as respostas mañá ou pasado...

2 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Non é que non saiba as respostas, é que non quero dar pistas aos lectores do voso blog...
(María ven pisando forte, pero que moi forte!!)
Bicos e bo comezo de curso.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.