30/9/07

Unha mestura entre libros e felicitacións

"La libertad no hace felices a los hombres; los hace sencillamente hombres" (Manuel Azaña)

A comenzos deste curso, Cristina Albela (profesora de historia) propoñíanos a compra dun libro de Almudena Grandes: "El Corazón Helado", que ademais pensaba propoñer para os seus alumnos de Bacharelato como lectura recomendada para tratar de entender a Guerra Civil Española e o Franquismo, por suposto que atendemos a súa petición e xa o temos na biblioteca.

Por esas casualidades da vida os nosos compañeiros blogueiros de Biblioafonso, tamén publicaron un post o venres no seu blog sobre este libro e outros relacionados tamén coa Guerra Civil e o periodo inmediatamente anterior: a segunda República. E nos pensamos que é unha boa idea que miredes os seus comentarios e depaso viaxedes por outros blogs e así coñezades como se fan as cousas en comunidade. Mirade o enlace con Biblioafonso!

E aproveitando que o Pisuerga pasa por Valladolid, queremos dende aquí fecicitar á Biblioteca do IES Alfonso X "O Sabio", xa que nunha enquisa feita ós alumnos do seu instituto, resultou ser o servizo/actividade educativa máis valorada. ¡As bibliotecas móvense!

ACONSÉLLOVOS QUE VISITEDES A PÁXINA DE ALMUNDENA GRANDES E VEXADES A INTRODUCIÓN (que non ten desperdicio), por favor tamén mirade os diferentes puntos que falan do libro, hai unhas citas e fotos que dan que pensar, sobre todo ós que non vivimos nada dalquela época, tamén ESCOITADE CON ATENCIÓN A CANCIÓN QUE SONA DE FONDO DE JOAQUÍN SABINA.
Tamén podes ler un adianto desta novela na seguinte direción:


NOTA: Hoxe tamén é o Día Internacional do Traductor, que coincide co día de San Xerome considerado por moitos o primeiro traductor e patrono dos mesmos. Vaia dende aquí a nosa felicitación a unha profesión que cada vez está a coller maior auxe.

No hay comentarios: