"Non entendín nada do lido (...) A medida que me esforzaba por comprender algo daquel texto, o meu desánimo e a miña desesperación crecían. De repente sentinme atrapado, collido nun lazo. Atrapado pola lingua, que naquel momento antoxouseme como algo material, físico, como unha corporeidade convertida nesa muralla que de pronto se levanta no medio do camiño e non nos permite seguir adiante, que nos pecha o mundo vetándonos a entrada. Había algo desolador e humillante naquela sensación (...). Comprendín que cada mundo entrañaba un misterio e que ó aceso ó mesmo só o podía facilitar a lingua. Sen coñecela, ese mundo permanecería para nós insondable e incomprensible, por máis anos que pasásemos no seu interior. Máis aún: descubrín unha relación entre o ter nome e existir, pois cada vez que voltaba ó hotel dábame conta de que na cidade só vira aquelo que sabía nomear (...) Nunha palabra, comprendín que canto máis vocabulario atesorase, máis pronto - e máis rico na súa inabarcable diversidade- abriríase o mundo ante min."
Fragmento de "Viaxes con Herodoto " de Ryszard Kapuscinski.
Perdón a todos polo imperdoable atrevemento de facer a tradución deste anaco tan gráfico e tan real, pero a inorancia é moi pero que moi atrevida, así que xa sabedes ANIMÁDEVOS A LER E COMPRENDER OUTRAS LINGUAS, tal vez o mundo que se abra ante vos sexa outro completamente distinto ... ¿?
Cadro "Torre de Babel" de Hendrick van Cleve, que se atopa en Estocolmo na Stockholm University.
No hay comentarios:
Publicar un comentario