Hoxe vouvos a facer unha recomendación, LEDE O LIBRO " EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS" de John Boyne (Ed.-Salamandra. Barcelona (2007). É unha novela que se lé dun tirón e en pouco tempo e que che aseguro non te vai deixar indiferente, pode que frío, pode que entusiasmado, pode que... pero nunca indiferente.
A novela ten unha prosa moi sinxela como corresponde ó narrador da historia: Bruno, un neno de nove anos. É moi aconsellable, tanto para xoves como para adultos, pero sobre todo para vos, os xoves xa que fala dunha historia sobre o noso pasado reciente que non debe ser esquencida e tampouco debe repetirse.
Si mirades as críticas da novela observaredes que as hai para todos os gustos (boísimas, malísimas e intermedias), pero creo que non debedes mirar as críticas antes da lectura, só tomade o libro, buscade un par de horas libres, sentádevos cómodamente, abrídeo e empezade... Moito me equivoco ou non seredes capaces de deixalo ata o seu remate... FELIZ LECTURA E FELICES REFLEXIÓNS.
1 comentario:
Se alguén esta interesado podo engadir a esta entrada que fai moi pouco a editorial "Faktoría K" publicou este libro en galego co título «O neno do pixama a raias" e polo que puiden saber nunha moi boa tadución.
Publicar un comentario