11/9/07

Unha data para non esquecer

Nesta data tan sinalada, cando se cumpren 6 anos da destrución das Torres Xemelgas de Nova Iorke, eu quédome con dúas cousas:
Por un lado o que me contaba Rosa, unha emigrante galega en terras neiorquinas, que dicía que o que máis lle chamara a atencióndese terrible día foi o silencio que existía na gran mazá, comentaba como era impresionante ver a miles e miles de persoas sen facer ruído marchando cara as súas casas e como non se oían os coches e a vida que posúe esa fermosa cidade, quedara reducida ó silencio absoluto. Ela comentabame: "Iamos todos andando, sin saber moi ben cara a onde, coa cabeza gacha e con lágrimas nos ollos, todos chorabamos, aínda que non perderamos a ningúen no atentado."
E con outra das cousas que me quedo foi cun comentario que atopei en internet recordando este día: "Tremendo lo de las torres, pero odiemos a cualquier forma de terrorismo y no sólo a una, la que nos conviene".
Tamén neste día un recordo para aqueles conflictos olvidados en todo o mundo: Afganistan, Angola, Arxelia, Armenia-Azerbaiján, Birmania, Burundi, Cachemira, Colombia, Congo, Corea, Costa de Marfil, Chad, Chechenia, Etiopia-Eritrea, Filipinas, Georgia, Guinea Conakry, Irak, Israel-Palestina, Kosovo, Liberia, Libia, ,Líbano, México, Myanmar, Nagorno-Karabaj, Nepal, Nigeria, Pakistan, República Centroafricana, Sáhara, Senegal, Somalia, Sri Lanka, Sudán, Timor, Turquía, Uganda, Zinbawue.... ¡Moitos de nós nin sabemos onde quedan estes países!

COMO SEMPRE A DOBRE VARA DE MEDIR...

1 comentario:

Unknown dijo...

Espero que o día no que os EEUU comezaron a matar moita máis xente da que morreu nas torres xemelgas en Irak e Afganistán se lles faga unha homenaxe igual cós estadounidenses!

Yankis go home