11/8/07

O gran Mark Knopfler (Agosto Musical IV)

Mañá 12 de agosto imos felicitar a Mark Knopfler no seu 58 cumpreanos e sinto que o meu comentario non sexa obxectivo, pero para min é imposible falar de Mark Knopfler e do seu grupo Dire Straits, sen emocionarme e sen tomar partido, xa que me encantan, son un dos meus grupos favoritos, que ademais me trasladan a miña época universitaria aló polos anos 80 e por suposto a unha das etapas máis bonitas da miña vida, ou sexa, é imposible ser imparcial, ...aínda así aconséllovos que os escoitedes porque merece a pena... ¡esa voz...! ¡ esa guitarra...! como soan, poñenseme os pelos de punta só con pensalo. INVÍTOVOS A QUE RECORDEDES OU COÑEZADES... A UN DOS GRUPOS MÁIS GRANDES DA MÚSICA MODERNA.
E esta canción de Brothers in arms, é unha marabilla... mírese por onde se mire (advertín que non podo ser obxectiva neste asunto)

Mark Knopfler revolucionou o mundo da música e sobre todo o da guitarra ( a súa gran pasión). Toca a guitarra utilizando os seus dedos en lugar dunha púa (este xeito peculiar e pouco practicado polos grandes guitarristas do rock). A súa forma de tocar é recoñecible por todo o mundo e non é posible copiala. É único. Esas frases eses solos, esos pellizcos que lle da ás cordas O seu son é cristalino, puro, limpo, dotando as súas obras dunha harmonía, cadencia e calidade propias, é como si fose poesía en movemento... .
free music

Mark Knopfler ten unhas 70 guitarras incluíndo:

**Por certo un 10 de agosto de 1907 naceu Clarence Leo Fender que foi un luthier que fundou a compañía de fabricación de instrumentos eléctricos Fender(o Fender Electric Instrument Manufacturing Company), hoxe coñecida como Fender Musical Instruments Corporation, e máis tarde fundou G&L Musical Products (G&L Guitars). As súas guitarras eléctricas, baixos e amplificadores continúan dominado a musica popular máis de medio século despois. Fender e o inventor Les Paul son citados, como as dúas persoas máis influíntes no desenrolo dos intrumentos eléctricos do século XX.

Tradicionalmente admítese que a marca de Paul Gibson foi o máis serio competidos de Fender na fabricación de instrumentos musicais, tratándose, en realidade, de deseños e filosofías da construción de guitarras moi diferentes e con éxito alternante ó longo da historia

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Estou dacordo con todo o que dis sobre os Dire e Knopfler. A min persoalmente encántame os punteos de guitarra de Sultans of Swing. Nunca me cansarei de oilos e de taralealos ao mesmo tempo coa voz jeje

Oki dijo...

Eu tamén quero sumarme a todos vos. Teñen músicas xeniais. E valen para escoitalos en calquera ocasión. E que nunca pasan de moda.