Mark Knopfler revolucionou o mundo da música e sobre todo o da guitarra ( a súa gran pasión). Toca a guitarra utilizando os seus dedos en lugar dunha púa (este xeito peculiar e pouco practicado polos grandes guitarristas do rock). A súa forma de tocar é recoñecible por todo o mundo e non é posible copiala. É único. Esas frases eses solos, esos pellizcos que lle da ás cordas O seu son é cristalino, puro, limpo, dotando as súas obras dunha harmonía, cadencia e calidade propias, é como si fose poesía en movemento... .
Mark Knopfler ten unhas 70 guitarras incluíndo:
- Varias Fender Stratocaster, incluíndo un modelo de 1954 (un dos primeiros en ser fabricado denominado "Jurassic Strat".
- Varias Fender Telecaster
- Varuas Gibson Les Paul
- Modelos personalizados de Pensa (http://www.pensaguitars.com/) (MK-1 MK-2 & MK-80)
- Varias Schecter
- Unha National Style 0 (usada, por eexemplo na canción "Romeo and Juliet" e na portada do albúm Brothers In Arms)
- Unha Gibson Super 400 que costou 20.000 Libras.
**Por certo un 10 de agosto de 1907 naceu Clarence Leo Fender que foi un luthier que fundou a compañía de fabricación de instrumentos eléctricos Fender(o Fender Electric Instrument Manufacturing Company), hoxe coñecida como Fender Musical Instruments Corporation, e máis tarde fundou G&L Musical Products (G&L Guitars). As súas guitarras eléctricas, baixos e amplificadores continúan dominado a musica popular máis de medio século despois. Fender e o inventor Les Paul son citados, como as dúas persoas máis influíntes no desenrolo dos intrumentos eléctricos do século XX.
Tradicionalmente admítese que a marca de Paul Gibson foi o máis serio competidos de Fender na fabricación de instrumentos musicais, tratándose, en realidade, de deseños e filosofías da construción de guitarras moi diferentes e con éxito alternante ó longo da historia
2 comentarios:
Estou dacordo con todo o que dis sobre os Dire e Knopfler. A min persoalmente encántame os punteos de guitarra de Sultans of Swing. Nunca me cansarei de oilos e de taralealos ao mesmo tempo coa voz jeje
Eu tamén quero sumarme a todos vos. Teñen músicas xeniais. E valen para escoitalos en calquera ocasión. E que nunca pasan de moda.
Publicar un comentario