19/5/07

Concurso literario: Categoría poesía ESO

Felicidades a Iria Carreira Pazos (4º ESO A) por esta poesía.
E lede, lede porque ... menos mal que é un amigo...

GABANZAS A UN AMIGO
Vouche dicir meu meniño
canto é o que che quero
moito menos que a esa graxa
que che cae do cabelo.
Dixeches que te quería
sen saber se era certo
agora dígocho, neno,
xa non te quero ver preto.
Seica tes moitas mociñas
sempre arredor de ti
que che andan dando bicos
e iso fainas sufrir.
Sofren por te seguir vendo
coa túa cara de espantallo,
só tes uns cantos euriños
para ilas contentando.
Ti sempre dis que tes moza
agardándote na cama,
é unha boneca inchable
que fixeron en Italia.
Túa nai xa non te quere
por langrán e mentireiro
di que ti nunca fas nada
e que lle tomas o pelo.
Has ter que casar coa burra
porque non tes quen te queira,
as mozas escapan todas
cando andas pola feira.
A burra que tes na casa
ha querer casar contigo:
ti es burro un cacho ben grande
e conservas ben o tipo.
As orellas separadas
e a melena cara atrás;
ti es mellor ca túa burra
para ir á feira a por mazás.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Que ben che quedou, Iria!! Felicidades ! Sigue facendo así e decorando así de ben as carpetas .
Ti xa sabes quen son. Xa nos veremos.

Anónimo dijo...

Iria, penso que tes talento, pero procura empregalo de forma positiva. Se falas claro que sexa de forma amable, e coa sutil ironía pódense dicir moitas cousas...sen ferir.