28/5/07

Algunhas novas no noso blog

¿Estades a observar na parte esquerda do blog, que comenzan a aparecer novas secións ?
Polo que falo con vos e cos profes, que visitades (máis ou menos a nosa bitácora), observo que vos quedades no panel central, pero tamén hai un lateral non o esquezades. Neste panel lateral, ademais de enlaces cos blogs das bibliotecas escolares galegas (QUE VOS RECOMENDO TOTALMENTE, HAI COUSAS MARBILLOSA), tamén temos unha seción onde comentamos a historia da biblio: Historia da nosa biblio, e tamén estamos a facer (POUCO A POUCO), enlaces con páxinas interesantes onde podedes buscar információn fiable, estos enlaces estanolos a proporcionar os profes do insti e outros que BIRLAMOS doutros blogs ou cando andamos navegando e atopamos cousas interesantes ¡ANÍMATE E VISÍTANOS! son os recursos na rede...podes consutar a prensa, páxinas de cultura clásica, de ciencias, matemáticas, historia... e nestas tamén recollemos frases célebres que son estupendas.
Pois eso que nos saquedes máis partido e que vos animedes a facer o blog da bibli cousa vosa, igual que o é o espacio físico da biblioiteca, dande ideas e información... SUXESTIÓNS.

3 comentarios:

Oki dijo...

Eu quero dar as grazas a todas as persoas que colaboraron cedendo os seus libros e artiluxios para esta exposición, entre eles ás profesoras do IES, Cristina C., Mamen, Loli, Rial, Marina, Oscar, María L, aos conserxes Luis e Carlos, á alumna Yesenir, e a tres colaboradoras habituais do Ciclo de Administración e Finanzas: Montserrat C, Isabel Q, e Carmen F.
A tod@s el@s grazas por facer posible esta mostra da nosa cultura e da nosa historia.

Anónimo dijo...

Moitas grazas por achegarvos ata o noso blog e mandarnos o voso comentario. Estamos ilusionad@s e con moitas ganas de traballar e ir mellorando e medrando. Para iso nada mellor que manternos atentos a todo canto vai aparecendo nos fantásticos blogs que están funcionando nas bibliotecas. Unha aperta desde a Biblioteca Brea Segade do CEP de Taragoña

Anónimo dijo...

Grazas pola vosa benvida, o voso foi un dos primeiros comentarios e recibímolo con moito agarimo. Parabéns polo voso traballo. Un saúdo dende Pontedeume.