Hermann Hesse é o escritorritor de lingua alemana máis lido do século XX, naceu un 2 de xullo de 1877 en Calw. E morreu un 9 de agosto de 1962 en Suíza. O seu pai era un misioneiro alemán e a súa nai, de orixe francesa, naceu na India, tamén de pai misioneiro (esto influiu moito na súa vida, ata tal punto que tamén quixo ser misioneiro, aínda que abandonou esta idea). Cando tiña vinteseis anos publicou o seu primeiro volume de Poesías, esta obra tivo gran repercusión entre os críticos, a segunda obra que publicou foi a novela "Peter Camenzind" (1904), que obtivo un gran éxito editorial.Unha vez concluídos os horrores da guerra publicou a novela "Demian" (1919), na que se percibe a influincia da psicoanálises. Esta obra fíxolle recuperar rapidamente a popularidade en Alemania. A ela seguíronlle " Viaxe ó interior" (1922) que incluía o conto "O último verán de Klingor", "Siddharta" (1922), na que se reflexan as súas experiencias na India e o seu forte contacto co budismo. Seguíronlle "O Lobo estepario" (1927), "Narciso e Goldmundo" e " O xogo de abalorios" (1943).
Hess era pouco dado a exposición pública, prefería a soidade e a vida apartada, concendendo moi poucas entrevistas. En 1946 concedéronlle o premio Nobel de literatura, que aceptou, pero non asistiu á ceremonia de entrega.





