21/12/08

PERSÉPOLIS

Antes de marchar de vacacións de Nadal e dexesarvos a todos un Feliz Aninovo, quería contarvos que pechamos o ano e o mes dedicado ás relixións dende Biblioarzúa, coa proxección da película Persépolis, de indubidable valor humano para o alumnado de Ciclo Superior do noso instituto.

Persépolis é a historia dunha rapaza en Irán dende a revolución islámica ata agora. A historia comeza cando os fundamentalistas toman o poder obrigando ás mulleres a levar veo, encarcelando a miles de persoas e instaurando un réxime de medo. Ela vai vivir ademais do terror do réxime fundamentalista islámico cousas diferentes como a emigración a Europa, o desamor, as miradas de distintas culturas e así poderá comparar co fundamentalismo relixioso do cal escapou. Esta nena é a propia autora do cómic no que está baseada a película.

É unha historia triste e conmovedora que fai que nos plantexemos unha reflexión sobre como o uso/maluso das relixións e os fundamentalismos poden desgrazar a vida das persoas, como converter ás persoas e aos países en realidades sen futuro e as veces mesmo sen esperanza. (Todo o contrario do que inicialmente parece que eran para o que xurdiron...)

En Biblioarzúa, temos a peli e o cómic de Marjane Satrapi.

2 comentarios:

olga dijo...

POis a ver se nos vamos enterando. Que este uso/maluso das relixións non é algo novo.
E parece que non aprendemos nada.
Feliz descanso e un ano novo cheo de sentidiño.
olga

Anónimo dijo...

Realmente é unha pelicula moi instructiva, por desgracia, non tomamos nota .... as relixións son actos privados que en ningún caso poden interferir na vida pública e social dun pais. Non é certo?