1/12/08

Templos de Rusia

Este mes de decembro temos pensado adicalo en Biblioarzúa ás Relixións. Recentemente chegoume unha desas presentacións que son tan chulas e non puiden deixar de mostrárvola co gallo do motivo do mes.

A relixión que predomina en Rusia é a Ortodoxa Rusa (¡arredor de 135 millóns de fieis!!!!). A seguinte relixión predominante en Rusia é o Islam. Outras relixións inclúen aos Protestantes, Xudeus, católicos e budistas.

Un dos efectos da transición democrática en Rusia foi a emerxencia dunha antiga hostilidade entre a Igrexa ortodoxa e a católica, que por primeira vez na historia aspirou a gozar de liberdade pastoral no país euroasiatico.




View SlideShare presentation or Upload your own.

No hay comentarios: