12/12/08

Lembranzas dunha amistad

Practivamente non o coñeciamos,pero as veces que estibemos con él, fixonos rir como nadie,sempre estaba alegre a pesar da sua enfermedad.
As veces que saímos con el de marcha foron incribles,ainda non o podemos creer que xa non este.
Sempre o imos recordar como unha persoa alegre,e o pouco tempo que pasamos xuntos,foron momentos moi bos.
SEMPRE TE RECORDAREMOS....!
Os teus compañeiros de 1ª de BACH.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu non te coñecía, nunca che dei clase e tampouco me soaba a túa cara ... pero podo asegurar que eras querido, aínda que só sexa por ver como o venres os teus compañeiros (non só os da túa clase) estaban tristes e choraban polos pasillos, podo asegurar que eras querido o silencio que había no inti o venres era un silencio de duelo e dor. Todos estamos contido e a todos os rapaces e rapazas do IES de Arzúa o meu recoñecemento por saber estar cun amigo.

vinia dijo...

Acábome de enterar de tan triste noticia. Cóstame moito entender a dinámica desto que chamamos vida, cando a morte chega tan cedo. Sinto non poder estar aí para compartir con todos vós este momento, así que aproveito esta canle de comunicación.
Alguén moi importante para min díxome un día que "non hai que encher a vida de anos, senón os anos de vida". Estou convencido de que Andrés, Cholo, a pesar de vivir unha vida tan curta, sóuboa encher, e non só para si mesmo, senón tamén para os demais.
Cun garimoso recordo de Andrés, recibide todas e todos un bico. Non vos esquezo e, hoxe, menos que nunca.
(Antonio, profesor de Ciencias Sociais de Cholo e os seus compañeiros no curso 2007-2008)

Anónimo dijo...

Ola, Cholo.Ti non te lembrarás de min, pero eu sí me lembro de ti. Lembro aquel día que fuches con nós e os do grupo de medio ambiente á saída do Proxecto Ríos que fixemos con Adega.É agora cando repetimos con tristeza aquelo de que ás veces a vida non é xusta,e que racha sen avisar moitos soños que mozos coma ti tíñas. Por eso dende Sada quero enviarte este saúdo e desexarlle a túa familia ríos caudalosos de esperanza e de serenidade nestes momentos tan duros.