A Declaración Universal de Dereitos Humanos de 1948 establece nos seus artigos 18, 26.2 e 26.3 o seguinte: "Toda persoa ten dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión; este dereito inclúe a liberdade de cambiar de relixión ou de crenza, así como a liberdade de manisfestar a súa relixión ou crenza, individual ou colectivamente, tanto en público como en privado, mediantae o ensino, práctica, culto e a observación".
Pero tamén é verdade que certos Estados, principalmente os máis fanatizados ou radicalizados relixiosamente, usan a relixión como xustificativo para violar sistematicamente os dereitos fundamentais dos habitantes deses estados, e tamén doutros individuos. A violencia e o seu uso, en nome da relixión, levan a un terrorismo que non deixa de constituír unha forma de loita, particularmente obscena, pois as súas víctimas son civís non combatentes.
Xa o sudafricano Premio Nobel da Paz, o arcebispo Desmond Tutu, na súa intervención ante a Comisión da ONU afirmou que "as máis espeluznantes atrocidades foron cometidas e seguen a cometerse en nome da relixión, a pesar do obvio: non hai nin raza, nin relixión superior ou inferior a outra, a relixión non implica o monopolio dun Deus, da bondade, virtude ou da verdade".
Hoxe en día esta realidade entre dereitos humanos e relixión segue a estar en plena actualidade: a traxedia nos territorios Palestinos-Israelies, a destrución das estatuas de Buda polos talibans de Afganistan, as guerras relixiosas en Irlanda, o islamismo exacerbado de moitos países, a exclusión dos pobos indíxenas en todo o mundo..... Todo esto confírmanos que a reconcialización aínda está moi lonxe e que ante o fenómeno crecente da intolerancia relixiosa e outras formas de masacre dos dereitos humanos debemos, máis que nunca, continuar a que se escoite a voz dos máis débiles e non fomentar nin apoiar ningún tipo de intolerancia (de ningúen para con ningúen).
10 de novembro día Internacional dos Dereitos Humanos
No hay comentarios:
Publicar un comentario