Xa fai algún tempo que quería propoñervos este libro de Toti Martínez de Lezea, e vou aproveitar que é unha novela que xira arredor dunha gran muller e que empezamos o mes de novembro que en biblioarzúa queremos adicar á Muller e a violencia de xénero para falarvos del.
Tamén para ti, Catalina, xunto cun biquiño.
Fernado, príncipe herdeiro de Aragón e consorte de Castela acode a Bilbao para xurar os seus Foros. A nobleza e os gobernantes locais preparan unha gran festa na sua honra, están dispostos a darlle todo o que queira para que marche contento e os favoreza no futuro... E o que que resulta querer é a Toda de Larrea, xoven dama vizcaína...
Pois é iste o punto de partida da novela da Abadesa do mosteiro da Nosa Señora de Gracia de Madrigal, novela histórica que como noutros libros desta autora nos fai un percorrido por algunha das cidades da nosa xeografía.
4 comentarios:
Tomamos nota da recomendación.
Grazas, para min é toda unha honra. Bicos.
Encantoume ver o teu perfil, nestes comentarios Oki, a verdade e que o ano pasado non fomes quenes de darche un daimoniom e resulta que estaba cerca: coraza por fora (non tanto cando se che coñece) e tímida por dentro (tampouco tanto cando se che coñece), eso si sempre levado con elegancia e clase: A ELEGANCIA DO OURIZO.
Bicos
Otia Marina!!!! Moitísisimas grazas, que é ben lindo o que dis.
Publicar un comentario