Estamos a iniciar a páxina web do Instituto e si vos fixades, os da biblio, somos os máis adiantados, na parte esquerda tedes os espazos para estar informados sobre a nosa biblioteca: presentación cos obxectivos perseguidos, recomendacións, normas, o catálogo coas últimas incorporacións, as lecturas dos departamentos, as guias temáticas, efemérides, recursos na rede... etc. De todo esto gustariame resaltar tres cousas que cremos vos poden ser moi útiles (tanto alumnado como profesorado e tamén porque non , ás familias). Son:
- http://centros.edu.xunta.es/iesdearzua/?q=taxonomy_menu/8/92 (para aceder ó noso catálogo e as novidades que fomos fichando por mes)
- http://centros.edu.xunta.es/iesdearzua/?q=taxonomy_menu/8/112 (para aceder á nosa carteleira, esto aínda está un pouco verde pero pouco a pouco enlazaremos todas as pelis e así teredes unha información ampla sobre elas e unha forma máis doada de traballar coas mesmas). Estas pelis enlázanse co blog http://biblioarzuacine.blogspot.com/ que pretende ser a nosa sala de cine particular e que está baseado en dous blogs para nos moi importantes neste sentido e ós que desde aquí lles damos as grazas por estar aí:O segrel cinema (do IES de Fene) A nosa carteleira (do IES as mariñas de Betanzos)
- http://centros.edu.xunta.es/iesdearzua/?q=taxonomy_menu/8/110 (os recursos que nós fomos selecionando da rede, con moitas contribucións: o propio profesorado do insti, as bibliotecas e os blogs doutros centros, algunha que outra nai, e tamén houbo algún suxerido por alumnos... de todos os xeitos esto aínda está a crecer e esperamos a colaboración de todos/as, que asi sexa. AMEN.
1 comentario:
Parabéns Marina e "equipo".
Fantástico traballo.
É impresionante ver todo o que tedes organizado.
As bibliotecas reflicten a alma de quen está ao seu fronte e a vosa non é unha excepción.
Apertas dende Fene
Publicar un comentario