6/5/08

EL ALMA DE LA CIUDAD

“-Vos sodes demasiado bo e se aproveitan...
- De cando en vez hai que deixar aos outros que se aproveiten dun. Iso é a equidade: obrar segundo a conciencia e non por rigorosa xustiza”

Cando os homes loitan entre si e todos consigo mesmos. Cando cada un quere ter razón e no fondo todos a teñen. Cando ninguén é capaz de entender, nin aceptar as razóns do outro, e máis todos teñen motivos ocultos. Cando todo é complexo, enrevesado, absurdo e caprichoso. Cando todos os males relocen e as virtudes son incapaces de abrirse paso. Cando ninguén é feliz, aínda que moitos se saían coa súa... todo pasa, todo é efémero, e ás veces o home síntese tan so... Porque o futuro é sempre incerto e ese é o salario do home sobre a terra... desenrólase a vida do protagonista que no remate comprende que nada lle fará mellor ben que a sabedoría, que toda sociedade necesita paz e que a paz significa orde, pero que traizoa os seus ideais, porque non entende que a paz non é servidume...

“El alma de la ciudad” é unha novela histórica ambientada na Idade Media, en plena Reconquista. O rei Alfonso VIII fonda a cidade de Ambrosía, que será o soño do seu primeiro bispo para facer dela unha verdadeira cidade humana e divina, na procura do misterio e vida propia que garda cada cidade. ”Todo home necesita unha cidade para saber quén é neste mundo. A cidade é o punto de chegada, onde os homes atópanse reunidos e poden saborear a paz.”

Unha historia que non busca culpables, renunciando á cómoda costume de atopar un chibo expiatorio en quen descargar a causa dos males. Porque ser libre é fermoso, e cargar sobre as costas a responsabilidade das opcións pertence á grandeza do home. E a elección non é senón o prezo da liberdade.



No hay comentarios: