9/5/08

Os 15 días das letras na biblioteca


Como indica o título comenzan as actividades por mor da celebración do día das letras galegas na nosa biblioteca, o luns 5 organizada pola ANPA e como punto de partida estiveron o Insti Mini e Mero (Xosé Luis Rivas Cruz e Baldomero Iglesias Dobarrio) que como todos sabedes son mestres moi perto da nosa vila e uns grandes coñecedores e recompiladores da música popular galega.

O martes 13 inauguraremos un recorrido a través de todos os autores os que se lles adicou o día das letras galegas e por suposto sairán dos andeis as súas obras (bueno as que nós temos na biblio). E por suposto faremos especial fincapé en Xosé María Álvarez Blázquez, o autor ó que se lle adica este día tan importante para as nosas letras.

Tamén comenzaremos a actividade: EN BUSCA DO LIBRO PERDIDO, dedicada a atopar respostas sobre os nosos autores e as súas obras. ¡PÁSATE POLA BIBLIO...!

O luns tamén comenzan as audicións de música popular nos recreos e por suposto na biblioteca.
E tamén recitais de poesía e narrativa en galego, tamén nos recreos...

E a semana do 19 ó 23 teremos os concertos populares onde os vosos compañeiros nos deleitarán con pezas de música popular en diversos lugares do insti e tamén nos recreos.

Tamén o día 23 está previsto a entrega de premios do concurso literario... aínda quedan uns días para entregar os traballos, así que anímate que o martes 13 remata o prazo.
E tamén o venres 16 teremos unha pequena sorpresa para todos aqueles que levedes en préstamo algún libro en galego. ¡que! ¿ANÍMASTE?

No hay comentarios: