Acabo de rematar de ler este “tocho” de cincocentas páxinas deste showman que es Boris Izaguirre. No meu foro interno desexaba que non me gustara... pero...
Pasadas as primeiras 60 primeiras follas enganchoume... e gustoume. Dende logo non ten nada que ver coa imaxe que proxecta este home na televisión, así que vou recomendárvolo, sabendo que os entendidos pensaran que estou tola e aínda que represente un premio demasiado mediatizado...
Caracas a mediados do século XX, un lugar onde todos poden ser xenios e contribuír a un mundo mellor... sen embargo ¿todo o mundo quere ser un xenio? Quizais a maior parte só queremos un pouco máis de cartos e integrarnos cos demais...
Asistimos a unha sociedade onde a vida divide ás persoas en dúas clases: aquelas que seguen unha organización allea e aquelas que seguen a súa propia. Cada unha das dúas irmáns-protagonistas (en realidade son moitas máis) son un reflexo destes modos de vida.
Ámbalas dúas á procura dun algo especial, dun don e viven á súa maneira a traxedia, a corrupción, o horror, a impotencia, a Historia con maiúsculas, a liberdade e a escravitude e como non, a consecución dun amor que ao final quédase tan escaso... e cada unha, á súa maneira, dun símbolo para chegar ao mundo e permanecer para sempre nel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario