19/5/08

Paso do tempo (III)


"Un home decidiu pasar algunhas semanas nun monasterio de Nepal. Certa tarde entrou nun dos numerosos tempos que por alí hai e atopou a un monxe sentado no altar, sonrindo. Preguntoulle por que sonría.

-Porque entendo o significado dos plátanos, foi a súa resposta.

Dito esto, abriu a bolsa que levaba, extraendo dela un plátano podrido: "Esta é a vida que pasou e non foi aproveitada no momento axeitado, agora é demasiado tarde". Seguidamente, sacou da bolsa un plátano aínda verde, mostouno e volveu a gardalo: "Esta é a vida que aínda non sucedeu, é necesario esperar o momento axeitado". Finalmente tomou un plátano madurao, pelouno e comparteuno con el: "Esta é a vida no momento presente. Alimentante con ela e vívela sen medos. O tempo é o elemento máis valioso que posuímos, tanto ricos como probres, sabios como ignorantes e só dispoñemos deste tempo".

Con esta lenda - parábola ou como se lle queira chamar, pídovos que me acompañedes a reflexionar sobre o tempo e o seu paso: É este un proceso irreversible pero para poder vivir en plenitude debemos ser conscientes de que o tempo pasa, de aí a importancia de planificar o noso tempo, esta administración do tempo é unha das habilidades máis preciadas e máis difíciles de conseguir, xa que o tempo non se pode aforrar, gardar, deter... e ademais é imposible de recuperar, si o malgastamos ou derrochamos sufriremos as consecencias do descuido do mesmo. Así pois si valoramos o noso tempo e queremos aproveitalo é preciso establecer prioridades que nos enchan e nos fagan crecer como persoas xa que:

"Non é o tempo o que se nos dá, senón o instante, e con ese instante a nós correspóndenos facer o tempo" (Georges Poultet).

No hay comentarios: