1/12/07

Árboles do mundo (I): Sequoia

Hoxe vouvos falar dunha das miñas grandes pasíóns: AS ÁRBORES. E en concreto da especie máis alta sobre a terra: Sequoia sempervirens (D.Don) Endl.
Na actualidade son os únicos árbores vivos que superan os 100 metros de altura (si exceptuamos un abeto de Douglas de 100,27 m.), e ademáis non é unha situación excepcional xa que en EEUU hai docenas de sempervirens con alturas superiores a 105 m.

O exemplar máis alto coñecido (de momento) é un exemplar descuberto no ano 2000 en Humboldt Redwoods State Park un xigante de 112,34 m. ó que chamaron Stratosphere Giant.
A sequoia vermella é orixinaria da Costa Oeste de EEUU dende Oregon a California e debe o seu nome ó xefe indio Sequoyah (1776-1843), inventor dun sistema de escritura cherokee, aínda que sexa probable que nunca vira un exemplar da árbore xa que viviu en Tenessee a miles de kilómetros da Costa californiana.

Esta espcie foi introducida en Europa en 1843, e polo seu alto valor ornamental está moi difundida en parques e xardíns, aínda que como podedes supoñer aínda non tiveron tempo de acadar os enormes tamaños das súas irmáns americanas, pero aínda así hai algunha que apunta maneiras como a situada no Castelo de Sotomaior en Pontevedra, catalogada como árbore monumental do patrimonio cultural de Galicia
A súa aparienica arcaica e o aire de misterio que as rodea foron aproveitados pola industria do cine como por George Lucas para recrear ó planeta Endor en Retorno do Jedi , ou Steven Spielberg que ambientou en Prairie Creek Redwoods State Park os seus escenarios prehistóricos de Parque Xurásico.

3 comentarios:

Antonio Martínez dijo...

Moi interesante e espectacular

Antonio Martínez dijo...

Moi interesante e espectacular

O Segrel do Penedo dijo...

Pois si que é interesante, pero non penso que faga falta repetilo, non? Este "home" ás veces ata se pasa...
Bicos dende Fene