3/12/07

Libros e árbores

Hoxe vouvos presentar un marabilloso libro para ter e para regalar agora que se acercan estas datas tan sinaladas e que ninguén sabe que facer cos cartos que nos sobran por todas partes, tal vez (e digo só tal vez) vos apetezca invertilos neste libro, que non para ler dunha tirada pero é para levar cando viaxas por Galicia porque che vai mostrar sitios que non coñeces e que ademais gardan un tesouro agochado: AS ÁRBORES MONUMENTAIS GALEGAS.

Este libro titulado Árboles Monumentales en el patrimonio cultural de Galicia está escrito por Jesús Izco e por Carlos Rodríguez Dacal a quen teño o pracer de coñecer e que foi un dos meus mestres, que me fixo coñecer e por tanto amar (creo que non amas aquelo que non coñeces) ós pazos, os xardíns e por suposto ás árbores. Este home, profesor de instituto, é por riba de todo un namorado da natureza, da vida, traballador infatigable e incansable que despois de xornadas enteiras pateando xardín tras xardín aínda avanza con forza o primeiro e nos guía os demais polos sendeiros da CULTURA BOTÁNICA.

Pois eso descubride este marabilloso libro, perfectamente documentado, con marabillosas historias de árbores, cunha presentación cuidadísima e con mogollón de traballo detrás (anos e anos). Ademais é un libro que nos temos na nosa biblioteca e ADICADO POLO AUTOR, case nada...

3 comentarios:

MESTURAS dijo...

Interesante recomendación. Por certo, encantoume a entrada sobre as sequoias. Algún día, cando tengas temppo, poderías escribir algo sobre as faias?. Son a miña árbore favorita

Anónimo dijo...

Pois si prometo que o seguinte comentario de árbores será sobre as faias e dediado a ti con todo cariño
MARINA

Oki dijo...

Encántame iso de "cartos que nos sobran por todas partes"... jajaja