12/12/07

Falando dos dereitos humanos...

Aproveito a ocasión para enlazar coa entrada do luns do magnífico blog MESTURAS da biblioteca do IES Sánchez Cantón e coas inquedanzas sobre estos temas que unha nai fíxonos chegar e vou propoñervos hoxe unha das novidades da nosa biblioteca deste outono: o libro “El beso de Aquiles. Homosexualidad” de Alberto Conejero López e Isabel García Santiago.

“Non teño nada en contra dos maricóns… pero non os quero cerca de min” Cantas veces escoitamos unha frase como esta? Que é o que se agacha tras dela? Quizais sexa odio disimulado, desprezo sen dúbida, descoñecemento tamén…: ignorancia.

“Non quero ser gay. Non quero dicir a miña nai que non vou casar nunca, que non vai ter netos. Sabes o que é estar todo o día finxindo?” E detrás destas outras… canta dor, soidade e desesperación…

Aquí trátase unha historia de amor adolescente. Pero tamén de moito máis. Porque a pesares dos avances legais que tiveron lugar recentemente en España, somos aínda unha sociedade que xulga diferentes aos homosexuais.

E para un adolescente gay ou lesbiana non debería ser distinto que para o resto de compañeiros heterosexuais poder dicir a alguén que lles gusta… ser ter que avergonzarse… sen ter que sentirse diferentes… sen ter que soportar bromas no instituto… Sen ter que desexar soltar un cadáver agochado no seu interior… Un cadáver que chámase amor e que treme de esperanza.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Estou totalmente de acordo co que acabas de comentar e deberíamos de ser nos os profesores os primeiros en aceptar ós rapaces e rapazas tal e como son, e axudarlles a ver que é normal o que lles pasa e que non son bichos raros como moitas veces a sociedade os fai sentir. QUE XA É DABONDO DIFÍCIL SER ADOLESCENTE!!!

Anónimo dijo...

Querida Oki, que acertadiña eres a meirande parte das veces!!

Dende logo nesta sociedade o ser diferentes pode chegar a ser unha lacra.
O caso é que nós, como individuos, atopamos o diferente como un risco potencial e de principio, desconfiamos do que sae da norma porque é probable que non teñamos estratexias ou non saibamos actuar ante situacións distintas. A desconfianza xeralmente é unha máscara que esconde unha actitude defensiva porque...¿que pasaría se unha boa amiga un día me revela que lle gustan as mozas??...Mal trago para moit@s... de súpeto, temos que reorganizar todos os nosos esquemas...mais sen embargo, esa boa amiga, segue sendo a mesma, ou mais ben: é todavía mellor porque amosou unha valentía que non todos temos, ademais, compartiu conmigo un segredo moi íntimo e por riba, tenme en moi alta estima pois espera o meu apoio e comprensión.

Creo que sería un bo exercicio para todos, facer unha análise e plantexarnos unha situación semellante, seguramente se difuminarían moitos desos medos, tanto dos homo como dos heterosexuais.
Gustaríame ler ese libro, poñédeme na lista de espera.