6/11/07

O DIARIO VERMELLO DE CARLOTA - Gemma Lienas

¡Canto dera eu cando tiña 16 anos por contar cun libro coma este!!!! Non podo evitar poñervos algunhas das frases que poden atoparse nel:

“Cada persoa experimenta o orgasmo á súa maneira.... Nin as estatísticas, os libros, un amante, un marido o unha amiga teñen o máis mínimo dereito a dicirnos que hai unha única forma de experimentar pracer, ou que se a vosa non coincide coa dos libros é incorrecta”

“Resulta que hai moi poucas mulleres que chegan ao orgasmo soamente coa penetración. En xeral, todas as mulleres son capaces de ter un orgasmo se hai estimulación do clítoris”.

“Masturbarse considerábase fai anos unha actividade mala, un pecado... Iso era así dende a óptica católica. ...Algunhas relixións xulgan mala calquera actividade sexual que non vaia encamiñada á reproducción”.

“Cando tes a regra podes manter relacións sexuais e podes quedar embarazada se non tomas precaucións”

“A primeira vez que unha rapaza ten relacións sexuais pode quedar embarazada”

“Ter a primeira regra non te converte en muller automaticamente: Hai que medrar e ter experiencia para converterse en muller”

“A maioría dos tabús e prexuízos proveñen da ignorancia”

“Todas as persoas teñen dereito á sexualidade porque é unha maneira de comunicarse cun mesmo e con outra persoa, e unha forma de experimentar pracer”.

“A maternidade é unha forma de realización persoal... pero nin pode ser a única nin é obrigatoria para todas as mulleres”.

“Quizais os homes tería que facer un esforzo por saber como lles gusta facer o amos ás mulleres. E elas para falaren do tema con eles, dicirlles o que lles gusta e o que non”

“Sentirse atraído por persoas do mesmo sexo non é un problema... Un gai ou unha lesbiana non precisan ningún médico... E tampouco que lles digan que lles respectan, só precisan ser tratados como aos demais”

”Non se poder forzar a ninguén a ter relacións sexuais contra a súa vontade”

E moito máis...

3 comentarios:

Ronsel dijo...

En castelán tes outros "Diarios de Carlota". A azul sobre violencia de xénero é boísimo

Anónimo dijo...

Este é un tema que non deixa de ser "tabú" a pesares de que aparentemente houbo un cambio xeracional ó respeto. Moita xente considera que hoxe en día hai exceso de información, seguramente porque os rapaces teñen máis e mellor acceso aos recursos, sen embargo, as enquisas e os estudos non apoian esta afirmación.
A min gustaríame fomentar o uso dunha das mellores ferramentas que os mozos teñen ao seu alcance: http://www.querote.org/
Insistir en que tódalas consultas que se fagan son COMPLETAMENTE ANÓNIMAS e as respostas TOTALMENTE FIABLES.

Oki dijo...

Querida nai azul: canta razón tes en que a pesares de vivir na era da información, neste tema hai moita desinformación entre os rapaces. Únome á túa recomendación desa páxina, e tomo nota para falar desa e doutras interesantes en próximas entradas