21/11/07

E TAMÉN PODEMOS LER UN CÓMIC


LA BALADA DE LAS LANDAS PERDIDAS

de Dufaux e Rosinski Norma Editorial

Este cómic está editado contendo 4 albumes , dando como resultado un integral bastante grande e tamén, para ser un cómic, con un certo glamour aínda que resulta un pouco pesado de manexar. Non obstante é unha boa e bonita edición.
O tomo ven cuns extras finais non demasiado interesantes pero engaden algo de información sobre a historia na que se basea este cómic.
É unha típica historia fantástica de corte clásico, pero ten a orixinalidade de que todo se desenvolve a través de intrigas na corte; as batallas quedan un pouco en segundo plano, e o protagonismo é levado pola maxia e a loita clásica entre o Ben e o Mal.
Hai quen pensa que pode estar inspirado na “Irlanda medieval e nas lendas de meigas”. "Dis que un día renacerá o que morreu nestas terras... E entón oirase un canto... E aquel que o escoita erguerase en armas contra o usurpador... Aquel...ou aquela.". Case todo se resolve con pouca violencia. Ademais a protagonista do cómic é muller, aínda que non ten o típico carácter de heroína xa que ás veces é unha vítima máis do Mal.
Creo que ten unha continuación que non puiden atopar chamado Moriganes, aínda que non sei como estará.

1 comentario:

MESTURAS dijo...

ola, eu pasaba por aquí porque gústannos bastante os cómics e estamos facendo unha pequena colección deles. Interesante ver un cunha rapaza de protagonista...saúdos