14/5/07

Hoxe escomenzamos a nosa andaina

Hoxe día 14, de maio, víspera de San Cidre, patrón dos agricultores, día sinalado para min a nivel persoal, pois non en vano son profesora de Operacións de Produción Agraria (FAMILIA PROFESIONAL AGRARIA), vai a escomenzar a andar o noso blog da biblioteca, facéndolle caso a un bo amigo que o outro día enviome un correo nestes termos:"El blog es algo que debe ir creciendo, y siempre hay que empezar aunque sea con algo muy simple, porque lo importante es que vaya evolucionando y se vayan incorporando poco a poco nuevas funcionalidades. Anímate a hacerlo público y deja que crezca".

Así que aquí estamos... E de paso... ¿Sabedes quen foi San Isidro Labrador (San Cidre)?
Pois, este santo está considerado o patrono dos agricultores do mundo (ademais de ser o patrono de Madrid, motivo polo que é máis coñecido). Tiña gran temor de ofender a Deus e grande amor pola caridade ós demais, á oración , á Misa e á Comunión; chamanlle "labrador" porque adicou a súa vida a traballar as terras e cultivar os campos.
Casou cunha sinxela campesiña que tamén chegou a ser santa: Sta María da Cabeza (non porque fose este o seu apelido, senón porque a súa cabeza é sacada en procesión en rogativas, cando pasan moitos meses sen chover).
O que gañaba repartíao en tres partes: unha para o templo, outra para os pobres e outra para a súa familia. Tamén alimentaba os animais en inverno, época de precariedade, xa que tamén tiñan dereito a vivir.
Son moitos os miragres que se lle atribúen. Foi canonizado en 1622 xunto a Sta Teresa, San Ignacio de Loyola, San Francisco Javier e San Felipe Neri.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola.
Estou ilusionada con este blog que acaba de poñer en marcha a Biblioteca do IES de Arzúa.
Espero que poida ser dinámico e interesante para todos.
Eu confío aprender tamén moito con esta nova ferramenta para a nosa biblioteca.
¡¡¡¡Boa sorte para este blog !!!!!

Biblioafonso dijo...

Parabéns polo traballo.
Neste tempo de individualismos, as bibliotecas escolares galegas estanse a converter nun facho de apoio mutuo. O voso exemplo danos ánimos para continuar a traballar.
Biblioafonso
Biblioteca do IES Afonso X O Sabio (Cambre)

Bibliobrey dijo...

Benvidos ao club e parabéns polo voso traballo.
Como dicía Antonio Machado:"En cuestións de cultura e de saber,
só se perde o que se garda, só se gaña o que se da"
Eu penso que con esto dos blogs é moito o que se da e moito máis o que se gaña.

¡Boa sorte!

O Segrel do Penedo dijo...

Benvidos. É un pracer sabervos aquí.
Soños e tempo para facelos realidade que xa nos ocuparemos nós de compartilos!!
Unha aperta.

Antonio Alonso dijo...

Bienvenida a la blogosfera, dile a ese amigo que te animaba a empezar que sí, que has empezado, pero comienzas con un blog que no tiene nada de simple, que comienzas con un blog precioso, un blog que tiene mucho que mostrar.
Un saludo desde Betanzos !!

Oscar dijo...

boas:

espero que o blog que escomeza a andar hoxe, dia tan sinalado para ti, como para mín, por pentercer a mesma familia profesinal e ...., ca ti, serva para que o colectivo que está a traballar na biblioteca se anime todavía maís, e isto che ge a ser todo o dinamico e informativo, como de partida se pretende.

un saudo e ¡¡¡¡ moita moita sorte !!!!

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

Benvidos a esta comunidade blogueira! Moita sorte na vosa recén creada iniciativa. Unha aperta desde Silleda

Anónimo dijo...

Noraboa por este lugar de encontro tan xeitoso e acolledor.


"Las grandes obras las sueñan los genios locos. Las ejecutan los luchadores natos. Las disfrutan los felices cuerdos. Las critican los inútiles crónicos" Proverbio ruso

0 dijo...

Noraboa polo voso blog.

Xa pode estar orgulloso o pobo de Arzúa de vos.

Un saudo e moita moita sorte.

Gonzalo.