19/2/09

A SEMANA DA BANDA DESEÑADA

O venres pasado iniciamos a SEMANA DA BANDA DESEÑADA. É esta unha actividade na que participa o Departamento de Educación Plástica e Visual, O ENDL e a Biblioteca.

Fixemos unha exposición de cómics diversos na entrada do noso IES, e o ENDL iniciou as actividades co autor do cómic galego dos Megatoxos, Anxo Fariña, que estivo no noso instituto o venres pasado.

Este venres virá
Gochi, o autor galego de “Tesouro de Carraxe” e “A Santa Compaña”, que fará un taller de deseño de cómic entre o noso alumnado.

Eu aproveitei para ler algo da banda deseñada que temos na biblioteca e descubrín a BONE de Jeff Smith.

BONE é unha saga dun heroe involuntario, que xunto cos seus curmáns van para a un valle máis aló dos límites do seu mundo coñecido.

FONE BONE atopará alí a todo unha sorte de personaxes humanos, monstroratas, (chámanse así uns monstros en forma de ratas) e dragóns. E alí coñecerá o amor por Thorn, unha misteriosa rapaza humana que ten soños estraños e que ten unha avoa non menos particular.

É un cómic tenro e gracioso que mestura unha aventura de tintes máis ben épicos cun persoaxe tipo Bugs Bunny (isto último o recoñece o propio autor).


Bone está en Biblioarzúa (por certo está en cores non en branco e negro)
Por certo, como souben agora, o blog de Trafegando ronseis tamén fixo un descobremento deste cómic e un comentario que podedes ler aquí.

1 comentario:

Ronsel dijo...

Eu tamén descubrín Bone este curso e encantoume. Unha vez máis, coincidimos, Oki. Saúdos