24/2/09

Semana da banda deseñada II

Pois como xa explicou Oki, andamos, ou mellor dito rematamos a semana de banda deseñada do IES de Arzúa e foi un éxito, creo que os rapaces e rapazas deste centro viron que este xénero é moi variado e entretido, social,...
Tamén teño que dicir que o Club de Lectura "Arredor de Si", participou nesta semana coa lectura dos libros de Trasmallo de Gochi e cos dous da saga dos Megatoxos de Anxo Fariña. Tamén axudaron a montar a exposición que agora vos traio en fotos.
Noutro post mostraremos a sesión con Anxo Fariña para os primeiros cursos da ESO e o taller que montou Gochi para os cursos superiores e bacharelato.
Na exposición houbo unha representación dos distintos xéneros de banda deseñada da biblioteca (cómic e literatura, mánga, denuncia, social, banda deseñada en galego, banda deseñada en varios idiomas (francés, inglés, grego, latín,...), tamén se fixo unha visión de como son as técnicas utilizadas no seu deseño, e por suposto tamén unha pequena biografía dos nosos invitados esa semana.

3 comentarios:

Antonio Martínez dijo...

Parabéns polo traballo. É a sorte que temos traballamos no que nos gusta e así saen cousas tan fermosas coma esta.

Loly dijo...

Fantástica exposición e fantástico traballo. Parabéns polo magnífico fondo de BD.

Beni dijo...

Esa exposición é a caña. Como se nota o traballo e a xente que hai detrás.