8/2/09

Grazas grupo GBI

O xoves 29 de xaneiro tiven o gran pracer de compartir con tres bós amigos un día inesquecible e marabilloso: O grupo GBI (Loly (o segrel do penedo), Antonio Martínez (Biblioafonso e Iniciarte) e Antonio Alonso (ANB)), recibíronme cos brazos abertos e invitáronme a unha comida fantástica e sobre todo a unha conversación desas que sempre te deixan coa sensación de querer máis...
Como non teño moitas máis palabras que dicir máis que GRAZAS POR ESTE FANTÁSTICO DÍA, déixovos con algunhas fotos que saquei para que vexades o que é un traballo ben feito. Non ten nada que ver coas crónicas que realiza Loly, pero é a miña modesta aportación a un fermoso día.

4 comentarios:

Loly dijo...

As grazas a ti sempre por facernos esa visita, a primeira que recibimos os GBI, e a nós, que queres que che diga, encantounos facer por primeira vez de anfitrións, acostumados xa a ser "os visitantes". Engadir ademáis, benquerida, que non te recibimos nin máis nin menos que coma ti te mereces. Querémoste, sábelo, nonsi?
Moreas de bicos!!!

Antonio Alonso dijo...

Pues gracias a ti, compañera. Por hacernos pasar un día tan agradable, a mí y a estos dos insensatos...

Antonio Martínez dijo...

Eses dous darriba son uns pelotilleiros. Non lles fagas caso. Non estivo mal o día (nin fantástico nin gaitas)
Pd: por que hai máis fotos do Segrel que de Biblioafonso?, eh?, Por que?

Anónimo dijo...

Hai máis fotos do segrel porque Loly pagou polas instantáneas e ti como andas na berza...
E encima non estivo mal... vouche dar ¡Co ben que o pasei eu!