30/1/09

Conspirando pola paz, con árbores de paz

Grazas a todas as bibliotecas escolares galegas que participaron neste traballo colaborativo e que fixeron posible un remanso de paz do que outros (que non participamos directamente) nos aproveitamos xa que buscamos unha fermosa sombra na que acubillarnos. Moitas grazas a todos e todas por este FERMOSÍSIMO TRABALLO que respira PAZ por todas partes.






Despois de que se tiraran as bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki, houbo miles de vítimas, pero algunhas árbores sobreviviron e convertéronse en símbolos de paz, estas árbores deron semente e de aí xurdiron novas árbores que foron enviadas polo mundo en son de PAZ e de ESPERANZA. Tal vez grazas a elas sexamos capaces de transformar o mundo para que se converta nun lugar mellor para vivir. Xa sabedes que a min gústanme moito as árbores, porque estaban cando nacín e aínda serán moi novas cando eu morra... Somos pasaxeiros neste mundo, tal vez por iso deberiamos cultivar máis a PAZ, para que poidan existir máis persoas e máis árbores. (Vía BBC mundo)



Quen a boa árbore se arrima, boa sombra lle acubilla.

2 comentarios:

olga dijo...

Quédanos a palabra!!!
¡E, que ben se entenden moitas voces xuntas que dicen o mesmo!

Antonio Martínez dijo...

Que palabras tan fermosas: ÁRBORES e PAZ.