22/1/09

Espazos de paz

A miña amiga Loly de "O segrel do Penedo", a raíz da entrada sobre as árbores de Ibarrola, envioume un correo e regaloume esta preciosa presentación, e o mellor é que me enviou un titorial de como realizala... a verdade é que moito estou a aprender dos amigos. Aquí vos queda a presentación:

Created with Admarket's flickrSLiDR.


Tamén Oki, a miña compañeira da Biblioteca e sobre todo amiga, fixo referencia nun comentario a esta mesma entrada das árbores, ó Ecoespazo do Rexo en Allariz, que foi realizado por Ibarrola. Teño que recoñecer que non coñezo este espazo a pesar de que vou relativamente amiúdo a esta maravillosa vila (non o digadaes moi alto porque Xosé Ramón, o meu compañeiro de galego, (nativo e fillo da ilustre vila de Allariz), hoxe cando lle preguntei polo lugar case me come.... Por eso as miñas grazas a Oki e Xosé Ramón (que logo xa me deu información precisa do lugar) por ensinarme este lugar que coñecerei (espero) o vindeiro mes nunha escapada pola zona.

O ecoespazo do Rexo está na parroquia de Requeixo de Valverde, e é o resultado dunha intervención do escultor e pintor Agustín Ibarrola, sobre un espazo natural recentemente reutilizado.
Baséase na harmonización de elementos naturais contidos na propia paisaxe: árbores, pedras, terra, auga... coa achega de materiais reutilizados e presentes na cultura galega: granito e lousa, para integralos nel, transformándoo así nun espacio único construído utilizando de modo integral as enerxías renovábeis.
O Ecoespazo do Rexo é hoxe unha icona cultural e de ocio cunha mensaxe clara: o desenvolvemento do individuo e o goce do medio natural son compatíbeis. Así o demostra o feito de que se integren no mesmo contorno unha intervención artística, unha minihidraúlica, unha explotación piloto de ovino de leite que produce queixo curado de ovella e unha queixaría.

1 comentario:

Loly dijo...

Ai miña tola AMIGA...!!! Que esas cousas non se contan, que son "chorradas"
Pero logo, que me dis do que os AMIGOS estamos a aprender de ti? Moito, sobre todo de AMIZADE con maiúsculas.
Ah, fermosísimo espazo de PAZ!!!
Bicos