29/1/09

OS DEUSES DA GUERRA NA MITOLOXÍA CLÁSICA

Ares /Marte era do deus da guerra nas mitoloxías grega e romana respectivamente.

Ares era un deus non moi popular entre os gregos, que temían a súa inclinación á violencia e á crueldade. Unha deidade tan despiadada non era digna de confianza, asi que non recibía a veneración que, pola contra, si mostraban os romanos a Marte.

Marte, xunto con Xúpiter, era, quizáis, o deus predilecto entre os romanos. Marzo, o seu mes, era moi importante porque anunciaba o renacer da natureza tras o inverno e a nova temporada de guerras e campañas bélicas. É o pai do fundador de Roma, Rómulo, e era invocado na batalla para subir a moral dos soldados.

Seguro que Catalina, a nosa compañeira de biblioteca, podería contarvos unha chea de cousas arredor de Ares/Marte, pero mentres tanto podedes atopar en Biblioarzua un libro precioso sobre todo isto e moito máis: "100 personajes de la Mitología Clásica", de Malcolm Day e publicado por Blume.

No hay comentarios: