21/1/09

Árbores pintados en son de paz

Tiñamos un pouco esquecidas ás árbores e eu hoxe vouvos traer unha historia de árbores pintadas... é o denominado "Bosque pintado", tamén coñecido como "O Bosque de Oma", obra do escultor e pintor vasco Agustín Ibarrola. Dicen que as árbores presumen de ser as máis artísticas e fotografiadas (esto último si que o creo).
Estiven a ler en varias páxinas cousas relacionadas con este entorno, así dicen:
"Era un bosque como otro cualquiera perdido en la montaña, hasta que un buen día apareció Agustín Ibarrola y a partir de ahí el color y las formas se apoderaron de los árboles a través de figuras humanas, visiones geométricas, animales, toques sueltos…" (Vive la ciudad)
(...) no se trata simplemente de unas cuantas pinceladas, pintadas o manchas realizadas sobre los árboles, sino de un espectáculo que hay que ver para valorar: figuras que se van formando a medida que uno avanza por los diferentes caminos, pero que en cada espacio particular del bosque no producen la más mínima interferencia, formas que se conjuntan a base de pequeñas intervenciones en distintos troncos y que una a una no se distinguen sino como un pequeño toque de color en cada uno de ellos, pero que en su conjunto forman una imagen única, perspectivas obtenidas a base de rasgos dibujados en diferentes hileras de árboles…(hoy es arte)
Eu hoxe traiovolo como signo de paz, porque foi varias veces atacado por incontrolados violentos, que fan deste mundo un lugar complicado para vivir en paz.


SEMPRE POLA PAZ,
RECORDADE QUE A LIÑA ENTRE A GUERRA E A PAZ
É DEMASIADO FINA


Neste enlace tendes unha presentación de J. Lastras en Flickr sobre este lugar especial.

2 comentarios:

Oki dijo...

En Allariz, hai outro espazo similar denominado Ecoespazo do Rexo (menudo nome) no que estiven este outono.
Ibarrola mostra a arte como elemento que harmoniza os elementos naturais que atopa na natureza e segundo o Concello de Allariz trata de demostrar que o "desenvolvemento do individuo e o goce do medio natural son compatibles".

Antonio Martínez dijo...

Efectivamente Oki, e parece as dúas primeiras fotos da presentación son de alí, non si?
Fermosa e artistica entrada. Grazas Biblioarzúa.