Saraievo: a xeografía do cerco que sufriu na guerra dos Balcáns é simple: non é máis que unha franxa de terra rodeada de outeiros. Os homes das montañas dominan as terras altas e a península chaira do centro da cidade: Grbavica. A cidade é defendida dos ataques das bombas e dos obuses con pequenas armas, polo tanto pouco a pouco vai sendo destruída durante os catro anos do cerco urbano máis longo da historia moderna.
Anos atrás os seus habitantes (igual que podemos facelo nós agora mesmo) sentían a felicidade de estar vivos, coa certeza de que a vida así era inviolable... Tras 1992 déronse conta do equivocado dese sentimento.
Os francotiradores que defenden a cidade adoptan ás veces un nome distinto do real, para así enganarse a si mesmos pensando que non son eles os que disparan cada día arrebatando a vida aos homes aos que odian, aos que matan... E outros francotiradores que atacan e que apuntan contra civís que se moven aterrorizados nas súas propias rúas, onde ir por auga, por pan ou levar un medicamento caducado a un enfermo que non dispón doutra cousa, pode significar a morte...
Nesta historia concreta un home toca o violonchelo na rúa, onde morreron unha chea de persoas que facían cola para o pan (este suceso si que foi real): Todos os días ás catro, durante 22 días, un por cada morto, séntase alí e toca o Adagio de Albinoni. E a xente acode a escoitalo. Símbolo dunha absoluta desesperanza representa algo indefinible para todos aqueles que tiñan medo de que a guerra non fose tal, senón que acabe converténdose na vida a partires de entón.
Todos terán difícil esquecer que ocorreu aquí, como foi posible todo aquelo... porque non houbo lóxica ningunha en Saraievo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario