13/11/08

Non deixedes de visitar O Segrel....

Para todos e todas os que nos seguides ou para os que chegades por primeira vez ata nós, quero recomendarvos que non esquezades vistiar o Post de O Segel do Penedo "O Xordo e o Caco", (unha desas xenialidades da nosa amiga Loly), pero sobre todo entrade nos comentarios e observade como se fai unha regueifa sobre bibliotecas escolares ALUCINANTE.............. UNHA PASADA................. de verdade que non o debedes perder.... A xente ten unha imaxinación portentosa.

2 comentarios:

Loly dijo...

A Loly ten boas mestras
pódese aquí comprobar
as "meigas" das bibliotecas
mellores nunca as habrá.

Creacións impresionantes
as das nosas regueifeiras
con elas non hai quen poida
son fantásticas plambeiras

Mais falando de plambeiros
o plantel non queda ben
os mozos que hai nas bibes
regueifando non se ven

Onde están eses bos mozos
que de menos xa botamos
o primeiro que comece
a unha “caña” convidamos

Anónimo dijo...

Eres xenial Loly!!!! xenial de verdade.