Eran incontables as lúas que brillaban sobre as súas azoteas e os mil soles espléndidos que se agachaban tras os seus muros…
Parece incrible que detrás estas liñas esteamos falando de Kabul, pero se pensamos que eses soles poden referirse ás súas mulleres poderemos, quizais, entendelo.
Non así entenderemos nunca a crueldade que os homes verten cara ás súas mulleres e case tampouco a capacidade daquelas para resistir humillacións, sometementos, golpes, violacións, malos tratos, odio, desprezo, medos, sufrimentos indicibles e incribles…
Non esquecer: Non as esquezamos nunca, e nos, mulleres (e homes) que vivimos en occidente, mundo imperfecto pero tan bo se o comparamos con outras realidades, recordemos e valoremos as liberdades das que gozamos e esteamos sempre dispostas a combater para que outras mulleres no mundo acaden como mínimo o que queremos para nos mesmas

5 comentarios:
Gustáronme moito estas liñas,Oki,adicadas a "Mil soles espléndidos" e ás mulleres de Kabul.Continuade así!
Grazas, pintor, polas túas palabras de ánimo.
A min este libro pareceume durísimo, dos máis duros que eu lin, non era capaz de imaxinar o sufrimento que se acumulaba nesas caras sen rostro, e as imaxes e o video que nos acabas de mostrar parécenme igual de duros ou peor.............. arrepía só pensalo.........
Referiame ás palabras de Oki,Marina.Só quería aclaralo.
Xa entendo o que te referías Pintor, contra esto estamos todas sensibilizadas. Grazas por seguirnos.
Bicos dende Arzúa
Publicar un comentario