12/11/08

Los hombres que no amaban a las mujeres

Detrás deste título que sin dúbida impacta: LOS HOMBRES QUE NO AMABAN A LAS MUJERES, hai unha gran obra, que te engancha dende o principio e que ten unha última parte que fai que permanezas irremediablemente lendo ata as tantas da mañán e maldecindo a todo aquel que se che acerca tratando de desviarte da única cousa importante nese momento: saber que vai pasar e como acabará todo.
Pois si, así de marabilloso me pareceu este título de Stieg Larson, pero ademais dunha fenomenal novela negra, hai unha cousa que me chamou moito máis a atención: a crítica que fai da sociedade dos países ricos (concretamente da sociedade sueca) e de aqueles que non encaixan nesta sociedade, pero sobre todo da violencia contra a muller no seo da propia familia e por parte de persoas que en teoría deberían protexelas e non utilizalas
Traiovos este título que ven moi a conto sobre a VIOLENCIA DE XÉNERO que este mes tratamos dende a biblioteca coa intención de concienciar sobre este tremendo problema que nos afecta a todos e todas.
Por certo alguhas "esceas" do libro son desas que poden ferir a sensibilidade máis dura...
Gustoume moito a crítica que vin en Papel en Blanco

3 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Este é o segundo libro que imos ler no club de pais, nais e profes. Entregámolo onte, xa che contarei...
Apertas dende Fene!!

Oki dijo...

Pois aproveitando que acabas de comprala par a Biblioarzúa, apúntome á lista de espera despois da túa recomendación, da de Papel en Blanco e a de Maruxa, á que felicito polo novo blog que esta inaugurando estes días para Normalización no noso instituto.

Ronsel dijo...

Eu lino cando no verán e encantoume. Agardo pola segunda entrega, pero xa!
Bicos