28/11/08

LA NIÑA DE LOS TRES NOMBRES

Finalizando o mes adicado á Muller, vos propoño un libro escrito por unha muller, sobre outra muller, unha nena, que tamén sufriu violencia aínda que esta vez pola súa raza e relixión.
É unha historia aínda máis especial porque é verdade (é a historia de Nili Goren), porque sucedeu fai uns poucos anos aquí na “civilizada Europa”, nos últimos anos da II Guerra Mundial.
Nun período da nosa historia que aída que non debemos esquecer, si que debemos tentar que non se repita nunca máis, e no medio de todos os horrores cometidos contra os xudeos europeos asistimos á lucecita que nos da a esperanza de que sempre existirán persoas capaces de manter viva esa lume de humanidade pola que merece a pena continuar.
La niña de los tres nombres de Tami Shem-Tov está en Biblioarzua.
E aínda que non é o mesmo facede unha relectura do diario de Anna Frank

2 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Grazas Oki, por facernos tantas e tan boas suxestións de lectura.
En "O Segrel" as seguimos con moitísimo interés.
Apertas dende Fene

Oki dijo...

Teño que engadir que este libro en concreto recomendoumo Marina, e a min tamén me gustou, así que non puiden evitar recomendarvolo a todos vos.
E moitísisisimas grazas por seguir as miñas suxestións, eu simplemente escribo aquí as miñas impresións sobre os libros que eu vou lendo.