31/10/08

A ELEGANCIA DO OURIZO

Acabo de rematar a lectura deste libro de Muriel Barbery que recomendoume Fran, o profe de educación física do instituto: Unha comunidade de veciños moi señorial, onde descubrir a dúas almas solitarias: Renée, a porteira, e Paloma, unha nena filla dunha das familias que habitan o inmoble. Dúas persoas diferentes e especiais que nos deixan entrever unha pizquiña dos seus pensamentos e temores.

Párome a pensar se si coñezo a algunha persoa que teña a elegancia do ourizo: chea de púas por fóra, unha verdadeira e dura coiraza, pero que no fondo son animaliños solitarios, cos seus medos, e ... tremendamente elegantes.

Tantas veces etiquetamos ás persoas polo papel que desempeñan na nosa sociedade, na nosa vida, pero non somos capaces de recoñecelas, porque non as miramos de verdade.

"- Non me recoñeceu
- É porque non a viron nunca. Eu recoñeceríaa en calquera circunstancia."


Fágome o propósito de ser eu quen pronuncie este última frase, e non a persoa da que falan.

Gozade, é un regalo de libro.
Podedes ler un comentario sobre este libro tamñen en Trafegando Ronseis.

1 comentario:

Antonio Martínez dijo...

É un libro precioso e fantástico, case tanto como a amiga que mo regalou.