Vía O segrel do penedo acábome de enterar que resulta que xa temos MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, e é curioso como nós sen sabelo xa tiñamos na nosa programación (nove meses nove temas), adicarlle este mes de Outubro ás Bibliotecas en xeral e a nosa en particular. Estas son as nosas propostas:
- Neste mes faremos nas horas de titoría a Formación de Usuarios, que centraremos sobre todo nos cursos de ESO.
- Buscaremos coñecer algunhas bibliotecas en particular, a través do taboleiro da entrada e tamén do blog.Estas bibliotecas serán:
- A nosa pola que pretendemos que pasedes todos durante este mes.
- A biblioteca do Concello.
- A Biblioteca de Alexandría.
- A Biblioteca do Congreso dos EEUU.
- As bibliotecas virtuais (ex.- A Biblioteca Cervantes).
- Bibliotecas que entran pola vista.
- Tamén haberá exposicións de libros que falan de bibliotecas
- O día 24 (venres) haberá sorpresas na biblio, así que animádevos e entrade....¿?
- Nas horas de recreo a biblioteca estará aberta a todos aqueles veciños, pais, nais... que desexen coñecela.
- E na última semana faremos unha sesión de cine na biblioteca para todos aqueles que se apunten.........
Bueno que temos cousas (moitas cousas) que ofrecer e iniciamos o camiño con ilusión, e CONTAMOS CON VÓS.
2 comentarios:
O voso non é un mes, é o curso enteiro, e máis, dedicado á biblioteca escolar.
Parabéns por tan magníficos proxectos que esperamos poder compartir.
Apertas dende Fene!!!!
Marina, é que todos nos copiaron... Debemos ter un infiltrado nas nosas reunións da biblio que vai dando ideas aos da Consellería... jajajaja
Publicar un comentario