6/4/08

Dous días de traballo fantástico en Sanxenxo

O xoves 3 e o venres 4 de abril celebramos os encontros do PLAMBE (Plan de mellora de bibliotecas escolares), onde coma sempre a organización foi perfecta, os poñentes fantásticos, o descubrimento de Laura Borràs Castanyer impactante e alucinante, pero sobre foron as vivencias compartidas, as risas con Antón e a inxección de subidón que unha se trae consigo o mellor de todo.
Tamén houbo recordos e lembranzas dos amigos que noutrora estaban e estes días non nos acompañaron, e que todos ou case todos tivemos en mente durante estes días, e tamén a aqueles que están con nós nos equipos de biblioteca e que non puideron estar alí, e tamén a algún que outro, que debería ver o ambiente, as gañas de traballar, a importancia das bibliotecas, a necesidade dunha nova forma de ensinar, etc..., é dicir que deberían estar alí para tomar boa nota e apuntar ...
Traemos ideas, gañas, ilusión que esperamos sirvan para mellorar a nosa biblioteca, ou polo menos para intentalo.
Grazas os/as que o fixeron posible e un recordo moi especial para o noso Fernando, que sempre está presente, pero cando hai un evento destes no que as bibliotecas están tan presentes, aínda o recordamos máis.

1 comentario:

Ronsel dijo...

Pola miña parte, grazas pola lembranza... que é correspondida. Aínda que xa se sabe, os camiños tórnanse paralelos e non se volven cruzar. Bicos