9/3/08

Dende a educación É POSIBLE...

Unha moi querida amiga, Olga, dende a súa Malpica da alma, á que quere máis que moitos dos galegos, xa que como ela di, eu vivo en Malpica porque quero, e reivindico Malpica porque si, porque é o lugar que eu e a miña familia eliximos para vivir.... pois esta muller convencida das súas crenzas e das súas raíces deixounos un comentario nunha entrada que ela mesma preparou e que tivo a xenerosidade de compartir con todos e todas os que estamos neste mundo das Bibliotecas Escolares e quero que quede claro que estou con ela en todo o que di, e creo que se debe ver e dicir moi alto. Nós, dende a educación, como educadores e educadoras das novas xeracións, podemos cambiar o mundo, podemos modificar o pensamento e podemos e debemos ser capaces de defender os dereitos de todos e tamén como non da muller para que por fin acade o lugar na sociedade que lle corresponde como ser humano...

"Cando coñecin a Balbina a miña capacidade de escándalo disparouse. Atribuín a súa situación á antropoloxía cultural de Galicia. Tardei algún tempo en entender que, salvando as apariencias, case tódalas mulleres que eu coñecera ata aquel momento eran balbinas. Mesmo as urbanitas, as profesionais cualificadas, as non galegas... Dese descubrimento saeu o firme propósito de non ser balbina, de non ser nai de ningunha balbina e de facer o posible desde a atalaia privilexiada da educación de nenos e nenas para que es modelo non fóra perpetuable". (Olga)

Para Olga, Loly, Charo, Gracia, Bea, Rosana, Oki, Cristina, Pilar, Mª Luz..... (mulleres que dende as bibliotecas están a loitar por un mundo máis xusto)...e a todas as demais mulleres que se me quedan no tinteiro e tamén os homes que haberlos hailos (Antonio, Toño, Beni, Mario, Anxo, Jose, Manuel, Oscar...) que axudaron e axudan a cambiar este mundo facéndoo máis xusto, máis habitable, ... en definitiva MÁIS HUMANO. E por suposto para BALBINA

4 comentarios:

Oki dijo...

Porque o certo que case todas as cousas que fan este mundo mellor pasan pola educación, porque queda moito camiño que percorrer, porque as mulleres estamos aínda a un montón de anos de conseguir a verdadeira igualdade... e por moito máis, creo que mulleres como Olga e moitas outras, fan que sigamos pensando que todo iso é posible, que merece a pena e que hai un futuro distinto que debemos e podemos disfrutar.

olga dijo...

¡Canto tempo había que non oía reivindicar en voz alta, negro sobre branco, o papel da educación como motor de cambio da sociedade!

Grazas, Marina, por pór de manifesto este noso papel que, como se adoita dicir agora: é curriculum oculto.

Nin que dicir ten que a loubanzas son inmerecidas: non importa o que se di se non houber quen escoite

Bicos.

Loly dijo...

Por todas as mulleres que coma ti, Marina, tentan conseguir co seu labor cotiá un futuro sen balbinas. E por todos eses homes que loitan por facer deste mundo un lugar mellor.
Bicos

Ronsel dijo...

SEr muller é ás veces moito máis doado ca ser persoa, simplemente. Cada día máis estamos lonxe de comportarnos como tales, ou como se supón que significa a palabra en cuestión. Grazas pola lembranza, aínda que eu non loito desde a biblio, querida amiga. Estou máis fóra ca nunca. Bicos