11/10/07

Paisaxes impresionistas

Aínda que o Impresionismo aplícase en diferenes artes como música e literatura, a súa vertente máis coñecida é a da pintura impresionista, este movemento desenrolouse a partir da segunda metade do século XIX en Europa, principalmente en Francia.
Os impresionistas preocupábanse máis por captar a incidencia da luz sobre o obxecto que pola exacta representación das súas formas. Eliminaron os detalles minuciosos e tan só xurdiron as formas empregando as cores primarias (cian, maxenta e amarelo) e as complementarias (laranxa, verde e violeta), desta forma conseguiron ofrecer unha ilusión da realidade aplicando directamente sobre o lenzo pinceladas de cor curtas e xustapostas que son mesturadas polo observador dende unha certa distancia.
O termo impresionistas foilles imposto, de forma peiorativa polo crítico Louis Leroy, ó ver a obra de Monet "Impresión atardecer" ou" Impresión sol naciente"pintada en 1872.
Algúns dos seus principais representantes son: Cézanne, Monet, Pisarro, Degas, Morisot, Renoir y Sisley).
Este movemento exerceu unha gran influencia durante décadas, así xurdiron novas técnicas como o puntillismo e pintores como Toulouse-Lautrec, Paul Gauguin e Vincent van Gogh estiveron moi influenciados pola viveza do colorido desta corrente pictórica.

Si queredes saber máis temos varios libros sobre o impresionismo na biblioteca e tamén sobre os pintores que se mencionan no artigo....BUSCAOS !...

1 comentario:

Oki dijo...

Este verán estiven en París. Non teño que falarvos do Museé d'Orsay e as súas marabaillosas mostras impresionistas, pero si que vos animo a ver L'Orangerie, que acaba de ser aberto ao público despois de bastantes anos en restauración. É absolutamente sorprendente os paneis de nenúfares de Claude Monet. Vos indico o enlace deste museo porque é moi bo, aínda que estar alí é moito mellor:
http://www.musee-orangerie.fr/homes/home_id24799_u1l2.htm e facedes clic na visita virtual.
Espero que disfrutedes.