15/3/09

O PAN DA GUERRA E A VIAXE DE PARVANA

Unha rapaza, Parvana, vive en Afganistán na época dos talibáns, os seus pais perdéron os seus empregos e xunto cos seus 3 irmáns malviven co pouco que gana o seu pai no mercado lendo cartas e vendendo as poucas pertenzas que lles quedan...

Este é o punto de partida da súa historia ao longo destes dous títulos de Deborah Ellis que compramos para Biblioarzúa. A partires deste momento a vida vólvese certamente moi dura e penosa, porque en Kabul, e mesmo en todo o país, se viven tempos estraños que esixen que xente normal tome decisións difíciles para poder seguir vivindo (ou algo parecido a eso...)

A dedicatoria do segundo dos libros fíxome reflexionar durante un bo anaco: “Para os nenos aos que obrigamos a ser máis valentes do que deberían”. Toda unha lección...

Hai unha proposta didáctica interesante para "A viaxe de Parvana" de EDELVIVES e tamén para "O pan da guerra" .

2 comentarios:

Ronsel dijo...

Non os coñecía. Teñen moi boa pinta. Grazas pola recomendación.
Saúdos

O Segrel do Penedo dijo...

O Pan da Guerra é un dos títulos incluídos nunha das nosas mochilas viaxeiras e está a ter moito éxito entre o noso alumnado. Oki, mercaremos o segundo título que propós.
Apertas dende Fene.