Este mes de xaneiro esta adicado en Biblioarzúa á "Guerra e a Paz: Unha liña moi fina", tan tristemente ben escollido cado penso no que está a pasar en Gaza...
A existencia de guerras non significa que o mundo caia moi baixo, senón que os homes se regodean nesa miseria. E ás veces parece que só queda vivir como home ou morrer como mártir, sen atisbar outra alternativa para o que quere ser libre. Dá a impresión de que para recuperar o amor propio, sen o cal non hai máis que deshonra, só queda estar disposto a todo, converténdose así en homes e mulleres bomba... necesarios?, inevitables á vista da situación?, o derradeiro recurso que queda? Significa este sacrificio dalgún xeito vencer ao infortunio ou redimir aos xustos...?
Bagdad hoxe é un desastre. Desde fai tempo os atentados sucédense sen descanso. Cando se evita un desastre, vislúmbrase outro aínda máis mortífero. Xa non é unha cidade, senón un campo de batalla, unha caseta de tiro ao branco, unha xigantesca carnicería. De cidade coqueta que foi outrora converteuse nunha hidra encolleita, pero furiosa.
Semanas antes dos bombardeos na guerra contra Irak, a xente cría que o milagre era posible. En todas as partes do mundo miles de descoñecidos manifestámonos para dicir NON Á GUERRA. Quen nos fixo caso?
Unha vez aberta a caixa de Pandora, a besta inmunda superouse a si mesma: Bagdad desintegrouse a partir de entón. Feita desde facía tempo á sujección represora, agora se libra das súas ataduras para entregarse á deriva, fascinada por unha cólera suicida e unha impunidade noxenta. Unha vez caído o tirano,a cidade recuperou a súa covardía revanchista e conxura con violencia os seus vellos demos. ¿Era esta a victoria que buscaba Occidente?
Occidente... Non acabamos de entender ese mundo que contén páxinas fabulosas da civilización humana, ignoramos os seus costumes, oracións e ata os seus soños. Que sabemos da Torre de Babel, de Mesopotamia, das mil e unha noites, dos Xardíns Colgantes...? Apenas nada e ademais non nos interesa. Tan só vemos nel un enorme charco de petróleo que desexamos chupar levándonos de paso o sangue dos que o habitan na súa propia terra... E así, querendo ser rescatadores nos convertemos en depredadores sanguinarios e sen corazón. E cando alguén non está de acordo, Occidente saca a súa artillería e os seus tanques e tirotea canto se poña por diante, ata os seus papiros milenarios...

Rematei de ler este libro de Yasmina Kahdra, sobre a situación que deixamos tras esa outra guerra pola que tamén nos manifestamos, igual que o fixemos onte en Santiago. Temo que os resultados sexan os mesmos oidos sordos...
1 comentario:
Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan
decir que somos quien somos,
nuestros cantares no pueden ser sin pecado un adorno.
Estamos tocando el fondo.
Gabriel Celaya
...pero parece que, polo horizonte, asoman tempos millores.
bicos
Publicar un comentario