21/9/08

Los girasoles ciegos

Monse, unha lectora habitual deste blog fíxome chegar os seguintes comentarios sobre unha das películas que estes días estan de actualidade por ser escollidas para a primeira selección das que irán aos Oscar. Alá vai...

En Ourense nos escuros anos da postguerra, a personaxe de Maribel Verdú, lévanos maxistralmente á súa dobre vida, ao seu mundo, o cal resulta incompatible ca dura realidade que están a vivir. Tódalas personaxes vense arrastradas por sentimentos moi intensos que o espectador capta rapidamente pola moi boa interpretación dos actores, entre eles o rapaz, Roger Princep, que interpreta con soltura a Lorenzo, que sen comprender moi ben o que está a suceder no seu entorno, adáptase como pode e improvisa para protexer á súa nai e ao seu pai.
Para Salvador, o cura, a vida tampouco e tan fácil, do seu papel aparentemente acosador e opresor pasa as veces a ser vítima de esa mesma represión que se vive na sociedade naqueles anos, acentuando aínda máis o seus sentimentos encontrados que ao mesmo tempo trasladará as súas vítimas, forzando a situación ao máximo para provocar unha dor tremenda a todos eles, incluído a él mesmo.
Javier Cámara ten poucas oportunidades para conectar co público pero cando o fai sabe transmitir a agonía que esta padecendo en cada segundo.
Na película, José Luís Cuerda, quere reflectir tristemente unha realidade acontecida en España que non debe volver a pasar, a ensinanza que se desprende é que a represión e a intolerancia é intolerable para vítima e verdugos.

Só engadir que leades o libro do mesmo título do escritor Alberto Méndez.

1 comentario:

Marina dijo...

Estupenda recomendación, o libro témolo na biblio, así que a ver cine e ler.