28/9/08

Historias de Pekín

Canto nos gusta escoltar os recordos do vivido por alguén nun período de tempo da historia que xa non existe máis... En “Historias de Pekín” asistimos a unha destas narracións de man dun americano que vive en China durante 4 anos e asiste á toma do poder polos comunistas con o bo e o malo que iso trouxo consigo.
A desaparición da aristocracia china conlevou a destrucción de formas artísticas fermosísimas, unha arte e unha cultura milenarias vense abaixo nun poucos anos.
Salvando as distancias coñecemos que son so se destruíron os budas de Afganistán, senón tamén numerosas manifestacións artísticas procedentes de dinastías chinas antiquísimas, custos ¿necesarios? para a consecución da imaxe dunha china comunista gris e lineal.
Apenas finalizados uns xogos olímpicos en Beijijn (sobre os que persoalmente teño una opinión bastante negativa e airada) abordar este libro cun sentido crítico é necesario para poder valorar as vivencias persoais e sen dúbida partidistas, e que non obstante parece dicirnos que quizais os nosos antepasados tamén sabían render culto á beleza e a poesía, cousas das que adolece a nosa sociedade tecnolóxica, onde o tempo é ouro, o “usar e tirar” é a máxima do consumismo imperante e só valen a xuventude e as presas... Quizais si que valían a pena algunhas das cousas que herdamos dos nosos vellos.
'Historias de Pekín', de David Kidd está en Biblioarzúa

No hay comentarios: